Cambados acolle un almorzo de emprendedoras polo 8M

CAMBADOS> Un dos ámbitos nos que a muller ten que loitar, día a día, por esnaquiza-los teitos de cristal é o sector da empresa privada. En Cambados, neste 8M unhas vinte empresarias e políticas compartiron experiencias nun almorzo. Unhas e outras puxeron en común as trabas coas que se atoparon para impulsa-los seus proxectos.

Cambados acolleu o almorzo de mulleres emprendedoras celebrado polo Centro de Información a Muller. As asistentes puxeron en común as dificultades que tiveron á hora de emprender e reivindicaron a necesidade de fomenta-lo empoderamento da muller.

As presentes valoraron positivamente o encontro e contaron algúns exemplos de dificultades que atoparon nas súas empresas.

Tamén consideran que coas actividades que se van facendo ano tras anos estanse a conseguir avances, pero que aínda queda moito traballo.

Coa información compartida nestes almorzos o Centro de información á Muller da Mancomunidade do Salnés establece as actividades dirixidas ás mulleres pero tamén as actuacións para educar nos centros escolares.

Comments are closed.