O porto de Vilaxoan bota un vistazo ó pasado

    embarcacionstradicionais copia100.jpgVILAGARCÍA> O lugar acolleu a celebración do "X Encontro de Embarcacións Tradicionais", que reuniu a decenas destes barcos e mariñeiros.

    {flowplayer}images/salnes/EMBARCACIONS_TRADICIONAIS_VILAXOAN.flv{/flowplayer}

    Vilaxoan converteuse esta mañá na parada ineludible para os amantes do mar máis tradicional. No porto deste pequeno lugar de Vilagarcía atracaron decenas de vellas embarcacións, que levaron ata a memoria dos asistentes recordos e imaxes doutros tempos.

    Esta exaltación da cultura mariñeira débese á celebración do X Encontro de Embarcacións Tradicionais da Federación pola Cultura Marítima e Fluvial de Galiza, que despois de facer parada nos dous últimos anos en Ferrol e Muros, agora chegou a Vilaxoan. Nesta actividade participan embarcacións e mariñeiros procedentes de diferentes puntos da xeografía galega. Xente que dende hai anos se esforza para que o seu pasado non caia no esquecemento das novas xeracións.

    Unha xornada mestura de nostalxia, reencontros e festa, que atrae a numerosos veciños, curiosos e vellos mariñeiros, que lamentan o descenso do traballo no que fora o seu medio de vida.

    A pesares do éxito desta convocatoria, os participantes denuncian certo abandono por parte das administracións, a excepción do concello.

    Para completar a mañá de festa, o encontro contará coa actuación da Atlántica Vapora Orquestra, dedicada á exaltación do patrimonio musical mariñeiro de Vilaxoan.

    Redacción Salnés