O Xulgado de Paz de Valga estará listo nun mes

VALGA> Ante as ausencia da subvención da deputación, o concello de Valga está a levar a cabo as obras da rehabilitación do edificio coa colaboración da xunta. A primeira parte que está preto de ser remata converterase nas novas instalacións do Xulgado de Paz. O alcalde agarda que estea operativo no próximo mes.

O Concello de Valga está preto de rematar a primeira parte da rehabilitación do edificio administrativo. Unha zona na que se instalará o Xulgado da Paz. A obra cun valor de máis de 700 mil euros conta coa colaboración da Xunta de Galicia.

O alcalde agradeceu o apoio da Xunta e explicou a necesidade de trasladar o Xulgado de Paz a estas instalacións pola falta de espazo no concello. Segundo o alcalde as obras estarán rematadas no prazo dun mes.

O traslado da documentación dun edificio a outro require a supervisión das forzas de seguridade ao tratarse de documentación importante.

A planta que está preto de estrearse inclúe a biblioteca e unha sala de vistas. O próximo paso, subvencionado pola xunta de Galicia, será a o ascensor do edificio.