Achega ofrece atención domiciliaria para persoas dependentes

    achega100.jpgMEAÑO> Achega presentou os seus servizos de atención a dependentes para a comarca do Salnés na Quinta de San Amaro.

    {flowplayer}images/salnes/achega.flv{/flowplayer}

    MEAÑO> Achega presentou os seus servizos para a comarca do Salnés na Quinta de San Amaro, en Meaño. Esta empresa, que naceu hai dous meses, créase como un servizo de atención domiciliaria para aquelas persoas en situación de dependencia.

    Ata esta presentación achegáronse o alcalde de Cambados, Luis Aragunde, que foi o mestre de cerimonias, e tamén os alcaldes de Meis e Meaño, José Luis Pérez e Jorge Domínguez Rosal respectivamente, así como representantes dos diferentes concellos da comarca.

    Antes de un cóctel final, as xerentes de Achega explicaron os alí presentes que esta empresa ofrece ós seus clientes un servizo de carácter psicosocial, doméstico, sanitario, un servizo tanto persoal persoal como técnico e complementario.

    Redacción Salnés