Mar di que a nova Lei de Pesca fortalece ós bateeiros

    rosa_quintana100.jpgA ILLA> A conselleira do Mar asegura que a nova Lei de Pesca vai a fortalecer ó sector do mexillón ademais de darlle seguridade xurídica.

    {flowplayer}images/salnes/rosa_quintana.flv{/flowplayer}

    A ILLA> A conselleira do Mar Rosa Quintana asegura que a nova Lei de Pesca vai a fortalecer ó sector do mexillón ademais de darlle seguridade xurídica.

    Sobre todo, porque pon a cero os contadores das concesións de bateas, algunhas delas a piques de rematar. Quintana asegurou que así se lle dá ós bateeiros a posibilidade de seguir investindo. Así o dixo o sábado na Illa, onde participou na procesión do Carme.

    A conselleira do Mar presentou o primeiro borrador da lei a pasada semana no Consello Galego da Xunta. Unha comisión de traballo recollerá as propostas do sector e o obxectivo da Consellería do Mar é poder emitir en setembro un ditame coas modificacións da lei.

    O novo texto pretende recuperar tamén o permiso de explotación, o permex, que terá validez durante a vida útil da embarcación, sempre que reúna condicións de navegabilidade, flotabilidade e seguridade.

    NOMEAMENTO DE PUERTAS 

    A Consellería do Mar tamén fixo oficial estes días o nomeamento de Javier Puertas como novo presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía. O Diario Oficial de Galicia recolleu xa esta publicación, ó igual que o cese de Javier Gago.

    Redacción Salnés