O PP desaproba ‘con rotundidade’ a retirada da estatua de Fraga

    CAMBADOS> Tres días despois da retirada da estatua de Manuel Fraga dos xardíns de Torrado, a decisión do goberno cambadés continúa a colear. Como era de agardar, a medida non gustou ao Partido Popular. Dende a formación defenderon a figura do expresidente da Xunta, destacando o seu apoio ao sector vitivinícola. Hai tres días que a estatua de Manuel Fraga non ocupa o lugar dos xardíns de Torrado no que fora instalada no 2012. Como era de agardar, a decisión do goberno de Cambados non gustou ao Partido Popular da vila. Para os populares, a intención dos viticultores non era destacar a faceta política de Manuel Fraga, senon o seu papel como defensor do sector vitivinícola da zona. Por iso, aseguran que botar man da Lei da Memoria Histórica para xustificar a retirada da escultura é un “sen sentido”. Dende a formación aseguran que están a recoller o malestar de moitos veciños de Cambados e, segundo explicou Luis Aragunde, van estudar as posibles medidas a tomar. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/24/pp_cambados_fraga_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/24/pp_cambados_fraga.mp4{/flowplayer}