O PSOE rexeita a petición do PP dun pleno extraordinario sobre os incendios

    VILAGARCÍA > Non haberá pleno extraordinario en Vilagarcía para falar da crise dos incendios. O PSOE vén de rexeitar a petición do PP para falar canto antes deste asunto e por en marcha unha oficina de información. O equipo de goberno considera que hai que esperar ata finais de verán e os populares acusan ó executivo de deixación e ineficacia administrativa.

    O equipo de goberno de Vilagarcía rexeitou a petición do PP de celebrar un pleno extraordinario sobre a vaga de incendios forestais. Os socialistas consideran positivo este debate pero cren que será moito máis enriquecedor cando se dispoña de datos definitivos, se coñezan as axudas anunciadas polos gobernos central e autonómico e se teña por rematara a tempada de verán, e polo tanto, diminuídos os riscos de novos incendios. O goberno local tampouco considera axeitado crear aínda unha oficina de información para evitar provisionalidades e precipitacións. Aínda que afirma que cando sexa necesario porán a disposición de tódolos veciños afectados polo lume os recursos persoais e materiais do concello.

    Estes argumentos non convencen ó grupo municipal do PP, que fala dun lamentable espectáculo de deixación e ineficacia administrativa. Os populares non entenden porque o PSOE se escuda en que non se coñecen as axudas cando xa se publicaron os paquetes de medidas compensatorias o xoves e o venres. O PP pregúntase porque é necesario esperar para atender ós afectados e quere saber se o goberno local esperaría igual a 30 días das eleccións municipais. O grupo popular insiste en celebrar o pleno extraordinario, senón haberá que esperar a finais de setembro para debater este asunto en sesión ordinaria.

    Redacción Salnés