VILAGARCÍA> Hoxe tamén comezaron as Rebaixas. Os comercios adiantan o inicio desta época para que coincida coa fin de semana. Tanto os comerciantes como a veciñanza agardaban a chegada destes descontos que incentivan o incremento das ventas.
Seguramente sónenlles as imaxes de xente cargada con moita bolsas. As rebaixas xa están aquí e este verán chegan adiantadas para que os clientes podan gozar esta fin de semana dos primeiros descontos.
Os primeiros compradores non se fixeron demorar nunha das épocas máis agardadas do ano, aínda que tamén están aos que non lles interesa esta campaña.
Os clientes non son os únicos que agardaban as rebaixas. Para os comercios tamén é unha época de moitas ventas.
As rebaixas alargaranse ata finais de Agosto pero esta fin de semana os negocios estarán abertos e os mellores artigos enseguida os mercan.