Boiro fará fronte ás débedas cun crédito dun millón de euros

    creditoextraboiro_21072009.jpgBOIRO> O grupo de goberno espera que con esta operación bancaria a situación económica do concello se normalice.

    A corporación municipal do concello de Boiro aprobou unha operación de crédito extraordinario dun millón trescentos mil euros para facer fronte as débedas cos provedores, acolléndose ao Real Decreto para o saneamento das entidades locais. A proposta saiu adiante cos votos favorables do goberno local, xa o partido popular se abstivo e a agrupación Iniciativa Cidadá de Boiro votou en contra.

    Os grupos da oposición coincidiron en sinalar que nunca a situación económica de Boiro fora tan crítica. O partido popular lembrou que leva anos alertando sobre isto perante a pasividade do goberno local. Pola súa banda, o voceiro de ICB criticou o descontrol na xestión dos servizos co conseguinte prexuizo para os cidadáns.

    {flowplayer}barbanza/creditoextraboiro.flv{/flowplayer}

    Excesivo optimismo

    Pola súa banda, a concellería de Facenda, Dores Torrado explicou que con esta operación bancaria atenuarase a situación deficitaria das arcas municipais e retomarase o normal funcionamento do concello.

    O tenente de alcalde admitiu que nos cálculos presupostarios pécarase dun excesivo optimismo e que sería absurdo obviar a existencia do remanente negativo en tesourería de máis de novecentos mil euros. Ainda así, o edil mostrouse optimista e espera que nos vindeiros anos o Plan de Saneamento Económico ao que tmén se lle deu luz verde onte, encamine a situación e permita que o concello de Boiro recupere a súa capacidade de aforro.

    Con todo, o tenente de alcalde insistiu en que “as facturas no caixón” existiron en todos os gobernos locais, non só durante a xestión do bipartito e que algúns pagamentos quedaron atrasados non pola falla de liquidez se non pola lentitude excesiva da administración.

    Redacción Barbanza