Mar e a cooperativa Ría de Arosa estudan a posta en marcha da hatchery da entidade

BOIRO> O Conselleiro do Mar visitou as instalacións da cooperativa ría de Arousa en Abanqueiro. Xunto co seu presidente analizaron a viabilidade de poñer en marcha un semilleiro que axude á recuperación da produtividade en toda a ría de Arousa.

Na súa rolda de visitas ás distintas confrarías e entidades do sector pesqueiro, o Conselleiro do Mar tiña pendente a cooperativa Ría de Arousa, en Abanqueiro. Alfonso Villares destacou a importancia da entidade, non só en número de socios, senón tamén pola diversificación da súa actividade completando o ciclo dende a extracción ata a comercialización do produto así como a aposta pola calidade.

Durante a visita os responsables da entidade trasladaron ó Conselleiro a necesidade de impulsar a posta en marcha dunha hatchery propia para abastecer de semente ás confrarías e contribuír a recuperar a produtividade da ría, condicionada actualmente pola escaseza de marisco.

Dende a súa creación ha máis de medio século, a cooperativa foi medrando e ampliando a súa actividade coa incorporación  dunha depuradora e unha cetárea. Na actualidade, aglutina a 460 socios, sendo a máis numerosa do sector.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí