Portos compatibilizará a actividade produtiva cos usos deportivos no Son

mellorasportosin_100_220709.jpgPORTO DO SON> Portos de Galicia estudará a posibilidade de crear unha mariña seca e mellorar a seguridade dos pantaláns para compatibilizar os usos do porto.

{flowplayer}barbanza/mellorasportosin.flv{/flowplayer}

Así llelo anunciou o presidente deste organismo, José Manuel Álvarez-Campana ao presidente do Club Náutico desta localidade, Manuel Queiruga e ao alcalde, Manuel Tomé, nunha xuntanza que mantiveron para abordar diversos asuntos relacionados coas instalacións da entidade deportiva.

Asemade, nesta reunión, o presidente do club náutico de Porto do Son solicitoulle a Álvarez-Campana a posibilidade de crear unha mariña seca para ás embarcacións náuticas, necesaria para os labores de limpeza e a estancia de embarcacións.

Do mesmo xeito, solicitou a posibilidade de realizar un estudio que mellore o emprazamento dos pantaláns, mellorando así a seguridade de embarcacións e usuarios das instalacións deportivas.

Aumento dos atraques

A derradeira petición do responsable do Club náutico sonense foi a solicitude dun aumento das prazas de amarre para pasar das corenta que existen na actualidade ata un centro de atraques. Álvarez- Campana comprometeuse a revisar diversas instalacións que poderían reconverterse en emprazamentos adicadas ás actividades relacionadas cos deportes náuticos.

Redacción Barbanza