Suspenden a busca dun mergullador por falta de indicios

presuntodesaparecidoportodoson100.jpgPORTO DO SON> Os voluntarios de Protección Civil continuaron ó longo desta xornada coa busca por terra dun mergullador presuntamente desaparecido.

{flowplayer}barbanza/presuntodesaparecidoportodoson.flv{/flowplayer}

As alarmas saltaron a primeira hora da pasada tarde cando un pescador que se atopaba nas inmediacións de Seráns observou como a mar se tragaba a un home que buceaba na zona. Inmediatamente despregouse un dispositivo de busca por aire co helicóptero Pesca I, por mar coa lancha Salvamar Regulus e co apoio en terra da Garda Civil e Protección Civil.

A última hora da tarde concluía a busca sen ningún resultado. Aínda que nun primeiro momento sospeitaron que un vehículo aparcado nas inmediacións podería pertencer á persoa desaparecida finalmente deron co seu propietario.

Sen denuncia

A falta de indicios e o feito de que non se presentara ningunha denuncia por desaparición motivaron que hoxe non se retomara a busca dado que pode tratarse dunha falsa alarma.

Sen embargo, o pescador que dou o aviso está convencido de que viu a unha persoa desaparecer polo que os voluntarios de Protección Civil realizaron varias batidas pola zona durante toda a xornada.

Redacción Barbanza