Portos transformará a fachada marítima do Son

remodelacionbordoportodoson_100_160709.jpgPORTO DO SON> Portos de Galicia remodelará o borde interior do concello de Porto do Son. A actuación suporá unha inversión de tres millóns de euros.

{flowplayer}barbanza/remodelacionbordoportodoson.flv{/flowplayer}

Portos de Galicia anunciou a adxudicación provisional das obras de execución da remodelación do borde interior de Porto do Son. As obras proxectadas, que terán un prazo de execución de dezaseis meses, consisten na remodelación de todo o borde nun lonxitude duns cincocentos metros, a demolición dos actuais pavimentos, tanto de calzadas como de beirarrúas, a demolición da antiga lonxa e a explanación da zona o que permitirá a creación dunha ampla praza.

Máis prazas de aparcamento

Na actuación proxéctase tamén unha nova traza que permitirá a creación de novos aparcamentos ao final do porto, na actual explanada de servizo xunto ao dique de defensa.

Finalmente, se acondicionará a explanada de servizos xunto ao inicio do dique de abrigo do porto, creándose unha ampla zona de estacionamento e un pequeno miradoiro.

 A remodelación inclue unha fonte ornamental na nova rotonda, fronte a antiga lonxa, zonas axardinadas a carón da praia, contedores soterrados, a instalación de pérgolas, unha bancada ornamental e novas luminarias.

Redacción Barbanza