O BNG acusa ó goberno de hipotecar o futuro económico do concello

    bngpobraplanestatal_100_220709.jpgPOBRA> O BNG da Pobra acusa ó executivo de non acollerse ó plan estatal para facer fronte ás débedas por ser incapaz de cumprir o plan de saneamento.

    {flowplayer}barbanza/bngpobraplanestatal.flv{/flowplayer}

    Xa a pasada semana, a agrupación nacionalista da Pobra comparecera ante os medios de comunicación para pedir ó concello a elaboración dun plan de saneamento que lle permitira acollerse ó decreto estatal, co que podería solicitar un crédito para satisfacer as débedas cos acreedores, contando cun prazo de ata seis anos para a súa devolución.

    Daquela, o executivo local anunciou que se acollería ó plan para solicitar un crédito por importe dun millon de euros e mesmo chegou a convocar un pleno para tratar este asunto que finalmente se suspendeu. Este martes o propio alcalde anunciaba que finalmente o concello non se acollerá ó decreto porque para facer fronte ó pago do crédito veriase obrigado a subir os impostos.

    Contención do gasto

    Os nacionalistas consideran que existen outras moitas medidas aplicables que non teñen que redundar nun incremento tributario como poden ser medidas de contención do gasto, de aforro enerxético ou a revisión do padrón.

    Dende o BNG sospeitan que a verdadera razón de non acollerse a este plan radica na incapacidade do goberno de limitar o gasto e cumprir as medidas contempladas no plan posto que, din, ten previsto continúar coa súa política económica de despilfarro.

    Obriga legal

    Con respecto á elaboración dun plan de reequilibrio orzamentario anunciado polo goberno, dende o BNG lembran que levan anos solicitándoo, non só eles senón o propio departamento de intervención posto que constitúe unha obriga legal.

    Na actualidade, a débeda do concello a proveedores ascende a preto de tres millóns de euros. Dende o goberno teñen previsto facer fronte á terceira parte no prazo de dous meses mediante unha operación de crédito e outras medidas complementarias. Os nacionalistas esixen saber os criterios que van  rexer os pagos, para decidir que empresas cobran e cales outras teñen que seguir agardando.

    Redacción Barbanza