L.Oujo: ‘Nun mes sairá a licitación o novo concurso de xestión do centro de día’

 PORTODOSON> O rexedor facía estas declaracións durante unha visita ás instalacións para comprobalo traballo que está a desenvolver a empresa contratada temporalmente.

{flowplayer}barbanza/visitacentrodiaportodoson.flv{/flowplayer}

Acompañado por varios membros do seu equipo de goberno, así como tamén polo xerente da empresa contratada temporalmente para a xestión do centro de día, o alcalde, Luís Oujo, facía un percorrido polas instalacións. Tratábase dun compromiso adquirido por el no mes de xaneiro, unha vez que se procedeu á reapertura do edificio, e unha vez que a empresa que o xestionaba anteriormente decidira arbitrariamente abandonar a dita concesión. O rexedor sonense agradeceu o traballo que desenvolve actualmente a firma encargada do funcionamento das instalacións, poñendo como exemplo a satisfacción dos usuarios e as súas familias polo trato dispensado.

Novo concurso

Na visita anunciou que o concello agarda poder sacar a licitación un novo concurso no prazo dun mes, para o que xa hai varias firmas interesadas.

Agradecementos

Dende a dirección da empresa destacaron a axuda prestada dende o concello.

Redacción Barbanza