Continúan os vertidos a pesar da implantación do plan de vixilancia ambiental

    vertidosriomorto_100_240709.jpgPOBRA> O PSOE da Pobra volveu denunciar a existencia de vertidos industriais no polígono da Tomada.

    {flowplayer}barbanza/vertidosriomorto.flv{/flowplayer}

    Despois de que o deputado parlamentario, Xosé Manuel Lage, propuxera ó parlamento a implantación dun plan de control e erradicación de vertidos no concello da Pobra, o alcalde informou de que, xa dende o mes de xuño, estaba en marcha un protocolo de vixilancia ambiental.

    Sen embargo, para os socialistas este protocolo non é máis que papel mollado, posto que nos últimos meses seguiron a detectarse os vertidos. Este xoves, a voceira socialista alertaba da presenza dun novo vertido procedente da tubaxe que atravesa a estrada AC-302 e verto no Río Morto.

    Numerosas denuncias

    Tan só neste último mes, foron tres as denuncias presentadas, con data 9 de xullo, 14 de xullo e a 23 de xullo. Nas tres ocasións personáronse alí axentes da Policía Local dando conta da presenza de vertidos presuntamente de orixe industrial.

    Dende o PSOE insisten en que o protocolo ambiental que di estar aplicando o goberno non da resultados porque é o propio goberno quen incumpre a lexislación e permite ós contaminadores proseguir con estas prácticas. Unha prácticas que, din, están a provocar importantes danos tanto ó medio ambiente como a outors sectores produtivos. 

    Por todos estes motivos, instan ó goberno a aplicar a normativa sancionadora con toda a súa forza e erradicarm dunha vez por todas, os vertidos.

    Redacción Barbanza