O executivo ribeirés humanizará a zona das Abesadas

    abesadas_100_210606.jpgRIBEIRA > O Concello de Ribeira ten previsto pavimentar a estrada que discorre desde a zona de Abedadas ata Frións e mellorar tamén as beirarrúas alí existentes.O executivo ribeirés está a preparar ademais un plan específico para esta zona de Abesadas unha vez se normalice a importante dinámica construtiva.

    O executivo ribeirés ten previsto destinar unha partida orzamentaria inicial de máis de 50 mil euros para desenvolver esta actuación, consistente basicamente na mellora da estrada dende Abesadas ata Frións, nas proximidades das actuais instalacións da gardería municipal.abesadas_200_210606.jpg

    Esta actuación sumariase tamén ó plan específico de mellora da área de Abesadas que tamén pretende poñer en marcha o goberno local unha vez se normalice o proceso construtivo nesa zona. Co paso dos anos Abesadas estase a converter nunha das áreas máis dinámicas de Ribeira, proba diso son os moitos edificios que se están a construír alí.

    Por outra banda o concello ribeirés pretende solucionar tamén en breve varias deficiencias existentes na zona como é o problema co servizo telefónico, que está a causar graves molestias ós veciños, así como o cambio dalgún que outro poste do tendido eléctrico que interfire na correcta circulación.

    Redacción Barbanza