![]()
BOIRO> Investigadores da Universidade de Santiago de Compostela visitou as instalacións do pazo de Goiáns.
{flowplayer}barbanza/visitainvestigadoresgoians.flv{/flowplayer}
Entre o grupo de especialistas que visitaron o pazo de Goiáns atopábanse o director do instituto de desenvolvemento de Galicia IDEGA, o director do centro de investigación económica e financieira da USC, o director do centro de estudos e investigacións turísticas CETUR ou o secretario da Escola de Turismo da Coruña.
A súa visita respondía ó interese do concello de Boiro e da propia Mancomunidade de Municipios Arousa Norte sobre as posibilidades futuras do pazo e a finca de Goiáns.
Esta acción enmárcase noutras iniciativas xa desenvolvidas con diversas entidades que tamén forman parte do proceso de reflexión como é o caso da Asociación de Empresarios, a asociación O Faiado 2 ou Barbantia.
Plan director
O grupo de axentes económicos, sociais e culturais que forman parte deste proceso nutrirán un documento que xa se está a redactar e que no transcurso dun meses dotará a Goiáns dun plan director que guíe tanto a definición dos futuros usos como os criterios máis axeitados de rehabilitación.
Redacción Barbanza









