MUROS> Muros vestiuse de festa esta pasada fin de semana coa celebración das 18 Xornadas de Cultura Mariñeira ‘Muros Mira ó Mar’.
Trátase dunha das celebracións máis multitudinarias das que se celebran durante o ano na vila que reúne a centos de persoas, na súa maioría turistas que se achegan atraídos polo pola ampla e variada programación festiva.
As rúas do casco antigo regresan ó pasado, engalanándose do ambiente e as tradicións mariñeiras.
Durante os tres días que se prolongou esta cita festiva celebráronse infinidade de actividades.
Música ó vivo, teatro, talleres e exhibicións dirixidas a satisfacer a todo tipo de públicos, dende pequenos a maiores.
Pero sen dúbida un dos aspectos máis relevantes deste feira, que a fan se cabe máis atractiva, é a propia implicación dos veciños e asociación locais da vila, que contribúen coa súa participación a relanzar e a dinamizar esta festa.