Boiro e O Son reciben catro millóns do plan para eliminar os vertidos nas rías

    obrashidraulicas_100_240709.jpgBARBANZA> A Consellería de Medio Ambiente investirá preto de catro millóns de euros na construción de infrestruturas hidráulicas en Boiro e Porto do Son.

    {flowplayer}barbanza/obrashidraulicas.flv{/flowplayer}

    O Consello da Xunta aprobou o proxecto polo que se autoriza a sinatura do convenio de colaboración entre estes concellos e o departamento que dirixe Agustín Hernández coa Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos.

    A actuación que se levará a cabo en Boiro céntrase na praia de Barraña, concentramente no colector do punto de recollida de augas residuais de varias vivendas. Trátase de evitar que cando chova o interceptor soborde directamente residuos na area da praia. O proxecto inclúe a continuación da renovación desta infraestrutura, instalando un colector de poliéster reforzado con fibra de vidro. Tamén se contruirá un tanque de tormentas para a retención dos caudais xerados na rede na zona do peirao. O investimento previsto ascende a tres millóns de euros.

    Pola súa banda, no concello de Porto do Son a actuación, orzamentada en 1’9 euros, consistirá a construción dunha EDAR que depure as augas residuais urbanas na zona de Tarrío co obxectivo de que as augas residuiais desta zona non sexan conducidas directamente ao mar.

    Redacción Barbanza