Tachi, Costas e Jesús, novas cara no Vilalonga

vilalonga250_230709.jpgSANXENXO> O Vilalonga voltou ó traballo e fíxoo con novidades. Costas, Jesús e Tachi son novos xogadores do cadro celeste tras asinar na tarde de onte. Ademais, renovaron o gardamallas Gabi e o lateral David Sarró.

O Vilalonga iniciou onte a pretemporada cun equipo que pouco terá que ver co do ano pasado. Tan só quedan da 2008/2009 Roberto Pazos, Saúl, Machu, Lozano e os dous renovados na tarde de onte, o teórico segundo porteiro, Gabi, e o lateral David Sarró.

A continuidade de Adrián Gómez, está aínda no aire. O arxentino estase a adestrar co Pontevedra e podería quedarse si é que convence en Pasarón.

O que sí seguirá será o cadro técnico. Gabi Leis continuará ó mando con Ezequiel Rey como preparador físico.

O de onte foi un día produxtivo para a club celeste. A directiva conseguíu atar ata a tres novos xogadores. A incorporación máis destacable, a de Tachi. Trátase dun central experimentado que procede do Cidade de Santiago. Foi peza clave no ascenso do conxunto verdibranco á 2ª B hai dous anos, aínda que a temporada pasada non desfrutou de moitos minutos. Xunto a él, podería facer parella no centro da zaga, outro dos novos, Costas, ex-do Céltiga. A terceira chegada foi a de Jesús, o centrocampista catoirense formado nas categorías inferiores do Pontevedra; pode actuar tanto no centro como pola banda esquerda.

Son un total de 18 xogadores cos que inicia Gabi Leis a pretemporada, ós que hai que engadirlle as fichaxes feitas as pasadas semanas e os canteiráns Jorge, Oubiña, Raúl, Chicho, Fran, Marcos Casal e Jose.

Antes de comezar o primeiro adestramento do curso futbolístico, o plantel e corpo técnico escoitaron de boca de Jaime Camiña unhas palabras de ánimo. O novo presidente pedíulles a todos o seu esforzo para acadar a salvación, primeiro obxectivo do Vilalonga.

Redacción Salnés