A Pobra eríxese como porto de referencia en Europa

    certificadoemasportopobra100.jpgPOBRA> O porto da Pobra converteuse nun referente a nivel europeo polo seu modelo de xestión ambiental.

    {flowplayer}barbanza/certificadoemasportopobra.flv{/flowplayer}

    Representantes de diversos países que participan no congreso Suport visitaron  o porto pobrense para comprobar como se integran harmonicamente a actividade comercial, artesanal e recreativa. 

    Certificación de calidade

    Precisamente esta perfecta integración dos distintos sectores foi a que lle fixo merecedora ó porto da Pobra do sistema de calidade EMAS, implantado xa dende o ano 2006, converténdoo no primeiro concello de toda Europa en contar con este distintivo de calidade.

    O propio presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, puxo como exemplo o sistema pobrense como modelo a seguir para acadar a máxima esixencia en xestión medioambiental. Fíxoo durante a apertura da conferencia anual do proxecto europeo Suports á que asisten representantes de Francia, Gran Bretaña, Holanda, Italia, Lituania e España.

    Redacción Barbanza