Pachi Vázquez pide consenso político para acadar o máximo autogoberno

    psoeofrendacastelao_27072009_100.jpgRIANXO> O Partido Socialista celebrou o día de Galicia en Rianxo perante o busto de Castelao.

    Un ano máis, os socialistas galegos elixiron Rianxo para celebrar o Día de Galicia. O líder do PsdeG, Pachi Vázquez, aproveitou este encontro para reivindicar un maior autogoberno para Galicia, a través da aprobación dun novo estatuto que lle outorgue o máximo rango competencial.

    Ante o busto do escritor déronse cita centos de simpatizantes e militants do partido, encabezado polo seu secretario xeral, Pachi Vázquez. O líder dos socialistas galegos foi o encargado, xunto co alcalde rianxeiro, de realizar a ofrenda floral ante a figura do ilustre galeguista. Na súa intervención, Vázquez animou ós galegos a reivindicar un maior autogoberno a través da aprobación dun novo estatuto baseado no consenso e diálogo entre as distintas forzas parlamentarias.

    {flowplayer}barbanza/psoeofrendacastelao.flv{/flowplayer}

    Dixo que o actual estatuto cumpriu a súa función durante 28 anos pero xa non é sufieciente para afrontar a realidade galega. Unha realidade que tamén analizou Pedro Piñeiro tralo cambio que supuxo a derrota electoral. Agora, a intención do aprtido é traballar con decisión e con feitos que traian de volta a ilusión á cidadanía para que volva confíar nos socialistas como alternativa de goberno.

    No acto participaron amén diversos representantes do partido a nivel autonómico así como a ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, Elena Espinosa.

    Redacción Barbanza