Rianxo acolle esta fin de semana a súa IV Feira do Libro

    RIANXO> Os amantes dos libros e a literatura terán unha cita esta vindeira fin de semana en Rianxo coa cuarta edición da feira do Libro. A actividade, que está organizada pola Federación de Librarías de Galicia, prolongarase do xoves ata o domingo, con múltiples actividades dirixidas a satisfacer todo tipo de públicos. Un total de seis librarías, dúas delas da localidade Libraría Ben e Cándido, tomarán parte na cuarta edición da Feira do libro de Rianxo. A cita, xa consolidada na programación cultural da vila, está organizada pola Federación Galega de Libreiros, en colaboración coa consellería de Cultura e a Deputación da Coruña. Ó longo dos catro días nos que se prolongará a feira haberá múltiples actividades dirixidas a todo tipo de públicos, dende pequenos a maiores. Non faltará a música, as presentacións de libros e mesmo un festival internacional de danza. A inauguración da feira será o xoves da man da escritora María do Cebreiro. A cita coincidirá ademais coa celebración, o sábado da Festa da Xouba. Será, sen dúbida, un atractivo máis para achegarse a Rianxo esta fin de semana.