RIBEIRA> O concello de Ribeira oferta doce escolas deportivas para nenos e dúas para adultos. Xa está aberto o prazo de renovación de praza, ata o día 15, mentres que as novas solicitudes poderán realizarse ó longo da próxima semana. Ofertaranse preto de 500 prazas.
As escolas deportivas de inverno do concello de Ribeira inclúen este ano unha ampla oferta de actividades. Os nenos poden elixir entre atletismo, baloncesto, balonmán, kempo, nada e corre, multideporte, patinaxe, voleibol e ximnasia acrobática e rítimica. Haberá tamén páel e tenis tanto para nenos como para adultos.
Os interesados poden consultar as bases na web do concello ribeira.gal ou solicitar máis información a través do correo deportes@ribeira.gal. Xa está aberto o prazo para a renovación de prazas.
Aínda que a maior parte das escolas terán como base o complexo deportivo da Fieteira haberá tamén actividades noutras instalacións do municipio como Palmeira que acollerá o baloncesto, o centro de raqueta de Coroso ou o polideportivo de Sirves no que se desenvolverán as clases de patinaxe.