A revisión do PXOM de Boiro estará rematada en agosto

    avancepxomboiro_29072009_100.jpgBOIRO> Xoan León que adiantou que se trata dun plano que pretende ser xusto e equitativo, atendendo as necesidades de todos os cidadáns de Boiro.

    Tal e como anunciaran dende o departamento de Urbanismo de Boiro, a finais do mes de agosto xa contarán cun avance que permitirá aclarar cales son os cambios máis significativos que se deben modificar no actual documento.

    A pesar de que León non precisou cales serán as modificacións máis importantes nesta revisión, si que avanzou que a adaptación do documento as leis actuais podería levar aparellado a reducción de zonas de expansión nalgúns núcleos rurais.

     {flowplayer}barbanza/avancepxomboiro.flv{/flowplayer}

    Asemade, engadiu o edil de urbanismo, no novo documento figurará un vial de circunvalación do municipio e máis espacios dotacionais e industrial, imprescindibles para que Boiro sigua medrando de xeito ordenado. O goberno boirés buscará o consenso e a participación dos axentes sociais para elaborar un plano xusto e equitativo.

    Concentración parcelaria en Cures

    O concello de Boiro tamén está a espera de coñecer a senteza do Tribunal Supremo sobre a suspensión definitiva do Plano Urbanístico. O edil de Urbanismo confía nun desenlace positivo, xa que a anulación causaría importantes prexuicios económicos aos intereses dos veciños e propietarios do municipio. Malia todo, a redacción do novo documento paliaría esta graves consecuencias polo que León espera que cando se dicte sentenza a revisión do PXOM se atope xa aprobada.

    O responsable de Urbanismo informou ademais de que técnicos da empresa Traga comezarán a finais desta semana os traballos da concentración parcelaria de Cures.

    Redacción Barbanza