GALICIA> Galicia porá fin ao toque de queda e ao peche perimetral da comunidade o vindeiro domingo. Así o comunicou o presidente da xunta nunha rolda de prensa na que informaba da nova situación de Galicia trala saída do estado de alarma. As novas medidas aumentan o horario da hostalería: ata os 11 os bares e ata a unha os restaurantes.
A xunta de Galicia informou esta mañá das novas normas que rexerán na comunidade tralo estado de alarma. As medidas entrarán en vigor o vindeiro domingo ás 00 horas e rebaixarán as restricións en case toda a comunidade. Entre as novidades, elimínase o toque de queda.
Esta medida non se aplicará nos cinco concellos que se atopan no nivel máximo de restricións, como é o caso de Vilanova e Cambados. Outra das novidades e a fin do peche perimetral da comunidade.
A pesar da liberdade de mobilidade os visitantes que veñan de lugares cunha alta incidencia deberán inscribirse no rexistro de viaxeiros e serán sometidos a probas se non recibiron a vacinación. Esta libre mobilidade tampouco se aplica aos concellos do nivel máximo. A nova situación tamén ampliará o horario da hostalería, os bares ata as 23 horas e os restaurantes ata a 1 da madrugada.
As reunións de non convivintes seguirán estando limitadas entre a 1 e as 6 da madrugada.
A nova situación tamén permitirá as saídas aos internos dos centros de día e as visitas ás residencias se a porcentaxe de vacinación supera o 90%. O presidente da Xunta tamén quixo lembrar que a fin do estado de alarma non supón a fin da pandemia, e que é esencial que continuemos cumprindo con todas as medidas.