A Garda Civil de Noia incáutase de máis de mil litros de gasóleo fraudulento

NOIA> A Garda Civil de Noia incautouse de mil litros de gasóleo tipo B na localidade de Dumbría. Os feitos aconteceron durante un control no porto de Brens, cando a Patrulla Fiscal e de Fronteiras localizou a un vehículo industrial facendo uso fraudulento de gasóleo bonificado.

Ante a sospeita de que outros vehículos da empresa puidesen estar tamén facendo un mal uso deste tipo de carburante procedeuse á inspección das instalacións da compañía localizando outro vehículo con este tipo de gasóleo no seu interior e un depósito ilegal con mil litros de gasóleo bonificado.

A Garda Civil procedeu ó seu precinto e á incautación do carburante. Tramitou tres actas de denuncia por presuntas infraccións á Lei de Impostos Especiais.