Feijóo apela ó traballo conxunto para afrontar os retos de futuro da pesca galega

    BARBANZA> O presidente da Xunta mantivo unha xuntanza co Consello Galego de Pesca para analizar os retos de futuro do sector. Alberto Núñez Feijóo apelou ó traballo conxunto para afrontar temas trascendentais como o Brexit, a negociación das cotas ou a flexibilidade nos descartes. A coordinación e o traballo conxunto entre o sector pesqueiro e a administración son cruciais os principais retos de futuro da pesca galega. Así o afirmou o presidente da Xunta na reunión do Consello Galego de Pesca, na que se referiu á necesidade de incrementar as cotas pesqueiras a través de datos científicos e conseguir unha maior flexibilidade na eliminación dos descartes. No que respecta á rexeneración das zonas marisqueiras, Núñez Feijóo destacou a importancia de conseguir o saneamento integral das rías, un dos principais obxectivos da presente lexislatura. Emprazou ademais ós membros do Consello a abordar novamente o deseño dun marco xurídico para regular a acuicultura nunha próxima reunión. Por último o presidente destacou a importancia de Galicia nos sectores da conserva e do conxelado, nos que se sitúa á cabeza, a pesar de non competir en condicións de igualdade xa que moitos países non respectan a normativa en materia de trazabilidade.