Catro usuarios de AMBAR expoñen as súas creacións artísticas en Boiro

BOIRO> Ata o 28 de febreiro poderá visitarse no centro social de Boiro a exposición ‘Con xeito’ promovida pola asociación AMBAR. A mostra recolle as obras de pintura e escultura de catro usuarios da entidade.

Daniel, Montse, Yolanda e Vanessa son os autores destas auténticas obras de arte que permanecen expostas no Centro Social de Boiro. Esta mañá abría as súas portas a mostra ‘Con Xeito’ organizada po,a asociación de persoas con diversidade funcional AMBAR. Co ela preténdese dar a coñecer o traballo dos usuarios do taller de arte, dando visibilidade ás moitas capacidades das persoas diversas.

O alcalde, encargado de inaugurar a exposición, destacou a gran calidade artística da colección.

Os interesados en afondar na arte destes catro creadores dispoñen ata o 28 de febreiro para visitar a exposición.