A presidenta de Portos comproba a marcha das obras no peirao de Ribeira

RIBEIRA> A actuación, a piques de concluír, conta cun orzamento de 1’3 millóns de euros e consiste na reordenación interior da lámina de auga do peirao e a ampliación de pantaláns.

A presidenta de Portos, Susana Lenguas, comprobou esta mañá a boa marcha dos traballos que se están a executar actualmente no peirao de Ribeira e que teñen coma finalidade a reordenación interior da lámina de auga do peirao.

A actuación, cun orzamento de 1’3 millóns de euros, inclúe tamén a ampliación dos pantaláns de descarga para buques pesqueiros, e o das embarcacións auxiliares de acuicultura e das náutico-recreativas, así como o traslado do dique flotante.

A ampliación das prazas de amarre, levará aparellado tamén a mellora dos servizos de auga e iluminación, e instalarase un novidoso sistema de control de accesos ós pantaláns.

Toda unha serie de actuacións que virán dar resposta as demandas do sector, poñendo en valor, máis se cabe, o porto de baixura máis importante da comunidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí