Os galegos condenan os atentados de ETA

    concentracion_contra__eta100_310709.jpgPONTEVEDRA> Os galegos sumáronse hoxe ás concentracións contra ETA, en repulsa polos atentados de Burgos e Mallorca.

    {flowplayer}images/salnes/concentracions_contra_eta.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> Centos de galegos sumáronse hoxe ás concentracións contra a banda terrorista ETA, convocadas pola Fegamp, en repulsa polos atentados de Burgos e Mallorca.

    Un dos actos máis emotivos viviuse en Pontevedra, onde se uniron á concentración da Deputación dous irmáns de Eduardo Puelles, o policía nacional asasinado por ETA en xuño no País Vasco. Diante da Deputación de Pontevedra concentráronse este mediodía unhas 150 persoas. Estaban presentes tódolos membros da corporación provincial, co presidente Rafael Louzán á cabeza; un grupo de veciños de Gondomar que aparcou durante estes minutos a súa protesta contra o organismo provincial; e mesmo membros dun colectivo de homosexuais que estaban de visita na cidade.

    Ó outro lado da Alameda de Pontevedra, nas escalinatas do edificio da Subdelegación do Goberno celebrouse a concentración conxunta deste organismo e mailo do Concello, que reuniu a medio cento de persoas. Entre outras autoridades estaban a alcaldesa en funcións Teresa Casal e maila vicepresidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor.

    Tamén en Vilagarcía, o Concello convocou unha concentración na que participaron membros da corporación e veciños, amais de representantes do corpo da Garda Civil da vila. No manifesto lido pola rexedora Dolores García deixouse clara a repulsa por estes atentados e mortes inútiles e a solidariedade coas familias dos garda civís Carlos Enrique Sáenz de Tejada e Diego Salva.

    Redacción Salnés