Boiro Novo oponse á privatización da radio municipal

BOIRO> A reapertura de Radio Boiro constituía a primeiro punto do acordo asinado entre Boiro Novo e o PSOE para apoiar a investidura do alcalde. Reapertura que garantise un modelo público tal e como se veu desenvolvendo durante máis de vinte anos ata o seu peche no 2015.

Boiro Novo oponse á privatización da radio máis tendo en conta o gasto público que supuxo a renovación dos equipos e o acondicionamento das instalacións.

De non dar marcha atrás Boiro Novo xa adianta que non apoiará orzamentos dos que ata o momento non se presentou borrador posto que incumpren os acordos de investidura.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí