A Xunta axilizará as axudas para as empresas do polígono de Baión

    javier_guerra100_310709.jpgVILANOVA> O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra Fernández, visitou esta mañá o polígono de Baión.

    {flowplayer}images/salnes/javier_guerra_noticia.flv{/flowplayer}

    VILANOVA> O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra Fernández, visitou esta mañá o concello de Vilanova. Dende alí, e acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores, e polo alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, visitou o polígono de Baión. O conselleiro falou sobre as axudas que xa se están a por en marcha para as empresas que se establezan no lugar.

    Quixo sinalar que o seu obxectivo consiste nunha tramitación o máis rápida posible, para que as distintas empresas, deste xeito, poidan comezar a traballar e recoller ganancias o antes posible. A boa comunicación da que goza o polígono, é un atractivo que chama a atención dos distintos empresarios.

    O conselleiro tamén sinalou que a través dos concellos e das cámaras de comercio, diferentes técnicos da Xunta de Galicia poranse ó servizo dos empresarios para facilitarlles toda a información precisa sobre os métodos de financiamento que se levarán a cabo, así como unha guía para que as empresas saiban como levar a cabo eses proxectos, e teñan éxito no menor tempo posible. Guerra, resaltou a importancia nestes momentos da realización de diferentes proxectos para a dinamización económica galega.

    Logo deste percorrido polo polígono, onde Javier Guerra mostrou o seu contento e satisfacción polo resultado obtido no mesmo, acercouse ata a casa consistorial onde mantivo unha reunión de traballo cos membros do concello.

    Redacción Salnés