Rafael Louzán lamenta profundamente o falecemento de Cuíña

    louzan_cuia100_281207.jpgPONTEVEDRA > A morte do deputado e ex conselleiro do PPdeG, Xosé Cuíña Crespo colleu a todo o panorama político, un pouco desprevido.

    O presidente da Deputación, Rafael Louzán, amosouse claramente afectado polo falecemento dun dos seus antecesores no cargo. Dou o pésame a súa familia e resaltou o gran político que foi e o moito que se lle debe en materia de infraestruturas.

    Nado o 25 de febreiro do 50 en Prado-Lalín, comezou no 79 a súa carreira política nas primeiras eleccións municipais Alcalde de Lalín, presidente da Deputación pontevedresa, conselleiro de Política Territorial, secretario xeral, deputado e empresario, Xosé Cuíña figura en moitas páxinas da historia de Galiza, ata xaneiro de 2006, en que definitivamente frustrouse a súa ambición de ser o sucesor de Manuel Fraga.

    A labor de Cuíña non estivo exenta de polémicas e acusacións, pero hoxe, é momento para lembrar o seu papel decisivo na política, a través dos seus compañeiros de partido.

    O presidente da Deputación, Rafael Louzán, quixo resaltar a súa capacidade de entrega, apoiar á familia do falecido nestes intres de dor e facer presente que esta, é unha perda irreparable

    Facer un repaso a toda a traxectoria de Cuíña non é fácil, segundo Louzán. Trece anos de conselleiro, once de alcalde e tres de presidente da Deputación, deixaron un rastro importante. Por exemplo, impulsou a autovía do Salnés e Barbanza

    En palabras de Louzán, tamén será lembrado no ámbito portuario, onde fixo melloras transcendentes para os sectores da pesca e marisqueo. Por todo iso, o presidente da institución provincial tan só puido dar as grazas ao seu compañeiro.

    Redacción Salnés