Amicos presenta o seu calendario solidario

    BOIRO> A Asociación Amicos presentou esta mañá a terceira edición do seu calendario solidario nun acto organizado no local da Asociación Boirense de Empresarios. O calendario busca fomentar a integración laboral das persoas con discapacidade mostrando como se poden integrar en contornas de traballo. A recadación destinarase integramente a Unidade de Atención Temperá, que atende ós usuarios máis novos de Amicos. Para a realización do calendario Amicos contou coa axuda dunha ducia de empresas como é o caso do Grupo Triñanes, Combustibles Puebla, Jeloal, Clínica El Carmen, Muebles Muñiz, Instalaciones Boiresa, Farmacia Villamil-Reigosa, Milar, Electrocar, Serdeco Contratas e Frigbar. O calendario xa se pode adquirir nos diferentes centros de Amicos en Comoxo e Oleiros.