Gabriel Campo e Paulino Otero volven cun bronce de Moscú

paulino_otero_gabriel_campo_cristian_toro_manuel_robles250.jpgRIBADUMIA> O piragüismo galego volveu a participar nos éxitos do combinado español no Mundial Junior de Pista celebrado esta fin de semana en Moscú. A delegación galega volveu á casa cunha meritoria medalla baixo o brazo, un bronce.

Na final de K-4 Home Junior 500 metros, os padexeiros do Club Náutico O Muíño de Ribadumia Gabriel Campo e Paulino Otero, xunto a Cristian Isaac Toro do Club Fluvial de Lugo e o andaluz Manuel Robles conseguiron terminar a proba en terceira posición. Deste xeito lograron resarcirse do quinto posto na final de 1.000 metros.

Na final A de K-2 Hombre Junior 1.000 metros, Óscar Carrera, do Club Kayak Tudense, xunto a Carlos Garrote, quedáronse ás portas do podio co seu cuarto posto; e foron sextos na de 500 metros. O piragüista do Club Piragüismo Illa de Arousa Juan Ramón Bayón e o balear Alfonso Benavides acabaron sétimos en C-2 Junior 1.000 metros. Jacobo Domínguez, do Club Breogán do Grove, foi noveno en C-1 Home Xuvenil e tamén foi sexto na final B de 1.000 metros.

A piragüista do Club Fluvial de Lugo Tania Fernández, xunto a Mª Eugenia Almeida, María Corbera e Isabel Marín, terminaron primeiras en K-4 Muller Xuvenil; as padexeiras do Club Kayak Tudense Leticia Piña e Carla Pérez foron segundas en K-2. Leticia tamén firmou o trunfo na final B de K-2 xunto a Lucía Carrera.

Redacción Salnés