Xornada de duelos directos polo ascenso na Preferente

SALNÉS> Interesante xornada con duelos directos entre os primeiros clasificados. Comezamos falando do Arosa e do Céltiga. Os vilagarciáns desprázanse ó campo do Pontellas, mentres que os da Illa reciben no Salvador Otero ó invencible Barbadás.

Choque de trens na Illa. Despois do derbi da semana pasada, agora o Céltiga debe afrontar o máis difícil todavía, tentar gañar ó Barbadás. Tarefa difícil para os de Manuel Núñez porque mídense a un equipo que leva 20 partidos sen perder, con 16 victorias incuídas. Iso sí, os ourensáns saben do potencial dun Céltiga que é terceiro e que leva sen perder na casa case ano e medio. Boa parte das opcións de ascenso dos da Illa pasan por vencer o domingo, de perder poderían quedar xa moi descolgados. Os locais terán a importante baixa de Luis Alberto, pero sen embargo recuperan a Óscar García.

O Arosa enfróntanse a outro rival directo, o Pontellas. Pese a que os vilagarciáns xa quedaron descolgados a oito puntos dos postos de ascenso, dende a Lomba síguese a ver posibilidades de meterse canda menos entre os tres primeiros. O rival, o Pontellas, é cuarto na táboa gracias a que está a pasar polo seu mellor momento da temporada logo de sumar cinco victorias nos últimos 6 encontros. Eloy, convocado coa Selección Galega sub-18 e Jorge Pérez, por sanción, serán baixa xunto a Liños e Oliveira, por lesión.

Redacción Salnés