Inelga e Extrugasa recuperan a súa mellor imaxe

baloncesto250_151208.jpgSALNÉS > O Extrugasa deu claros síntomas de recuperación nunha das canchas máis complicadas da Liga. As de Isaac Fernández puxeron contra as cordas a todo un Perfumerías Avenida qure acabou vencendo por tan só catro puntos. O Inlega pola súa banda tamén ergueu cabeza cun triunfo a domicilio na pista do Ourense.

Era un deses prtidos que dende principio de temporada se marca no calendario como derrota. Ademais, se se ten en conta a situación actual do Extrugasa na Liga, ocupando postos de descenso, ninguén daba un peso por unha victoria das vilagarciáns neste encontro. Pero a piques estiveron de acadalo, sobroulles o último minuto.

Nos 39 anteriores, o conxunto adestrado por Isaac Fernández amosou por primeira vez en moito tempo, soltura en tarefas ofensivas. Tiveron continuidade no aspecto anotador e no primeiro cuarto desfrutaron de vantaxes cercanas ós dez puntos, da man de Taru Tukkannen.

A reacción local non tardou en chegar e xa se foron por riba ó descanso, 38-36.

O terceiro cuarto foi se cadra os peor do Extrugasa; atascouse en ataque e sufríu os mellores minutos do Perfumerías, que se foi trece arriba. Pero no último periodo apareceu Arantxa Novo, que cunha inspiración brutal dende o 6,25 remontou o encontro e o puxo 76-74 cando faltaba tan só un minuto por disputarse.

Ahí o Extrugasa tivo as súas opcións, pero María Asurmendi errou un triple a treinta segundos para o remate e as salmantinas sentenciaron despois.

Boa imaxe dada, pese á derrota, ilusionante de cara o futuro, sobre todo porque por primeira vez funcionou o tiro exterior, cun magnífico 10/19 en lanzamentos de tres.

O Inelga tamén deixou moi boas sensacións en Ourense e ademiais eles sí que foron quen de vencer por 17 puntos de diferencia, rachando así cunha xeira de catro derrotas consecutivas.

Os de Juan Espieñira fundamentaron a súa victoria nunha excelente primeira metade nas tarefas defensivas, nas que deixaron ó rival nuns raquíticos 20 puntos.

Redacción Salnés