Xuventude promoverá un campo de traballo en O Son

xuventudecampamentoloreto_05082009_100.jpgPORTO DO SON> O novo Director Xeral de Xuventude estudiará o proxecto que se desenvolvería nos xacementos de Barroña, Nadelas e Illa do Mar.

O Director Xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro visitou o campamento xuvenil de Virxe do Loreto, emprazado no lugar de Aguieira, na parroquia sonense de Nebra. Na visita estivo acompado do rexedor de Porto do Son, que lle trasladou un proxecto para a creación dun campo de traballo nos xacementos arqueolóxicos de Baroña, Illa do Mar e Ponte Nadelas.

A iniciativa, que leva por nome "Os Tres Castros", ten como principal obxectivo a posta en valor destes asentamentos. Tan só o de Baroña se atopa parcialmente excavado. Neste campo de traballo, que estaría dirixido por persoas vinculadas ao eido da arqueoloxía, daríase a oportunidade á mocidade de participar na excavación realizando prácticas de limpeza e siglado.

{flowplayer}barbanza/xuventudecampamentoloreto.flv{/flowplayer}

O pasado ano, o concello de Porto do Son xa tentou poñer en marcha este proxecto pero non foi posible ao non contar co financiamento necesario por parte da anterio administración autonómica.

Instalacións infrautilizadas

Ademáis, o Director Xeral de Xuventude mostrouse disposto a estudiar as fórmulas mais axeitadas de levar a cabo novas iniciativas para conseguir  o aproveitamento do campamento e que as actividades que en el se desenvolven non se reduza unicamente aos meses de verán. Tamén asegurou, que se daría cabida a novos mecanismo de participación na que os colectivos xuvenis terían especial protagonismo.

Por último, o rexedor sonense tamén trasladou unha petición ao novo responsable de xuventude: a posibilidade de ampliar e mellorar as instalacións do campamento. 

 Durante esta quincena de agosto o campamento acolle a máis dun centenar de rapaces que aproveitan as xornadas para practicar actividades educativas e deportivas relacionadas como eido da naútica e o sendeirismo.

Redacción Barbanza