Futbol de moitos quilates na estrea da AF7

af7250_290509.jpgVILAGARCÍA> Tódalas miradas vanse hoxe cara Vilagarcía onde está a piques de comezar a Arousa Futbol 7. Vaino facer cun Celta Español, que será o partido inaugural. Esta tarde completarase a primeira xornada da fase de grupos.

Agora sí comeza o espectáculo. Como cada primavera nos últimos 14 anos, volve a Arousa Futbol 7 cun dos mellores carteis da súa historia. Volta o Barcelona despois de cinco edicións ausente. Repite a aristocracia do futbol nacional, con Real Madrid, Valencia, Sevilla, Español e Atlético de Madird, sen esquencernos dos dous mellores representantes do futbol galego, Depor e Celta.

Buscando levarse o prestixioso título para o seu país, viaxaron ata Vilagarcía catro das canteiras máis prolíficas de Europa: Inter de Milán, finalista nas ultimas dúas edicións, Benfica, París Saint Germain e o primeiro equipo inglés que acude na historia da competición, o Totenham Hotspur.

Completan o cartel catro equipos procedentes da previa que tentarán poñer en algún apuro ós grandes: Areosa, Orillamar, Pabellón e Ponte Ourense.

Unha das novidades máis relevantes deste ano está en que pasa de xogarse en dous campos a facelo tan só en un, algo que ten que ver tamén con que o número de equipos tivérase reducido de 24, no 2008, a 16 nesta ocasión.

O encontro que abrirá esta tarde o torneo, ás 16:00, será un interesante Celta – Español; xusto despois completando a xornada no Grupo A xogarán Inter-Pabellón.

No Grupo B, a partires das 17:10, París Saint Germain- Deportivo ó que lle seguirá un Sevilla-Ponte Ourense.

O Grupo C, un dos máis interesantes, ábrese con Benfica – Barsa ás 18:20; despois Areosa-Real Madrid. O clásico entre azulgranas e merengues quedará para mañá ás 17:30.

No D, pechando o día ás19:30, o campión comeza a defender título; Valencia-Totenham; ás 20:05, o derradeiro encontro da xornada inaugural Atlético de Madrid-Orillamar.

Prevese unha boa entrada para este primeiro día aínda que o gran aluvión de afeccionados debería chegar o domingo cando se xoguen os cuartos, as semis e a gran final.

Redacción Salnés