O Poio busca calma para o partido que lle daría a Liga

fotomorenincopia.jpg FÚTBOL SALA> O adestrador do Poio visitou onte o plató de DX7. Falou da vitoria do sábado no derbi contra o Leis, pero sobre todo do partido desta xornada contra o Majadahonda.

{flowplayer}images/salnes/ResumoDX.flv{/flowplayer}

Despois da vitoria por 1 gol a 3 do sábado ante o Leis, o Poio chega ó último partido de Liga líder da clasificación, aínda que empatado a puntos co Majadahonda, segundo clasificado e rival das de Morenín nese último enfrontamento que se disputará este sábado.

Morenín agarda que no partido do sábado non haxa problemas cos árbitros.

O vestiario atópase no seu mellor momento, son conscientes de que poden gañar a liga aínda que tamén de que teñen que controlar os nervios.

Redacción Salnés