A estrada entre Boiro e Cabo de Cruz será máis accesible e segura

    eliminacionbarreirascabodecruz_100_070809.jpgBOIRO> O concello levará a cabo un proxecto para a supresión de barreiras arquitectónicas e mellora da seguridade vial na estrada de Cabo de Cruz.

    {flowplayer}barbanza/eliminacionbarreirascabodecruz.flv{/flowplayer}

    A obra, que se vai acometer proximamente, consiste na eliminación de barreiras arquitectónicas nas beirarrúas habilitando espazos para persoas con mobilidade reducida. Tamén se procederá á dotación de pasos de peóns elevados para limitar o exceso de velocidade en varios treitos aportando así maior seguridade vial a esta estrada.

    A actuación financiarase grazas a unha subvención de 180 mil euros xestionada pola Deputación da Coruña con cargo ós fondos europeos. Trátase dunha vella demanda veciñal que virá a continuar co proceso de eliminación de barreiras arquitectónicas que está a desenvolver o executivo por todo o municipio.

    De feito, está previsto acometer novas actuacións para mellorar a conexión e a accesibilidade entre determinados edificios públicos como os centros sociais, a escola infantil ou o centro de día.

    Redacción Barbanza