Cambados acolle esta fin de semana a Festa Europea do Viño

    vino_100.jpgCAMBADOS> O Alcalde de Cambados, Luís Aragunde foi o encargado esta mañá de presentar os actos que inclúe esta festa Europea do Viño que se…

    {flowplayer}images/salnes/060809_festa_europea_do_vino.flv{/flowplayer}

     …prolongará desde mañá ata o domingo. O eixo central de todo o programa será a promoción e divulgación de viños de todo o mundo, desde os Rías Baixas ata outros caldos procedentes de países tan distantes e distintos como Estados Unidos, Australia, Nova Zelanda, Chile ou Arxentina. Estes viños estarán dispostos en 44 stands postos de novo no paseo da Calzada. A inauguración desta mostra terá lugar o venres á unha da mediodía, baixo a presencia da directora xeral de Comercio, María Nava Castro e o Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.

    A estes stands de viño hai que sumar outros de artesanía no que será a segunda Feira de Artesanía Local, na que poderemos atopar todo tipo de productos feitos por pacientes mans. Nesta mostra de traballos feitos a man terán un marcado protagonismo as palilleiras deste Concello que contarán cun espazo propio. Un espazo que compartirán o domingo a partir das dez da mañá con outras 400 palilleiras chegadas de toda Galicia e mesmo de Portugal. Todas elas reuniranse en torno á palilla no parque do Torrado no que vai a ser o cuarto Encontro Internacional; organizado pola Asociación Protectora de Animais e a Asociación de Mulleres Rurais de Corvillón. Xunto cos viños e cos traballos artesáns, Cambados tamén se encherá de deporte esta fin de semana.

    E como en calquera festa que se prece, non pode faltar a música. Mañá á partir das 10.30 da noite, a Praza de Fefiñáns volverá a ser o escenario doutro espectáculo: a que proporcionarán o monologuista Rober Bodegas, a cantante Silvia Superstar e unha banda de Blues. 24 horas máis tarde, o sábado a noite, realizarase o brinde das Estrelas simultaneamente en varios países europeos productores de viño, para conmemorar a efeméride de San Lourenzo. A continuación volverá a música co Cuarto Festival de Jazz do Salnés e ca actuación dos grupos The Game Jazz e Virxilio Dasilva Quinteto Jazz.

    Redacción Salnés