O concello de Boiro propón dúas opcións de terreos para a construción dunha residencia

BOIRO> O concello de Boiro traballa na posta en marcha de servizos que favorezan a conciliación. Ademais da posta a disposición dos terreos para unha residencia comarcal, o executivo plantexará a Política Social a necesidade de contar cunha terceira gardería pública.

A creación dunha residencia pública para a terceira idade de carácter comarcal é unha das prioridades para o goberno de Boiro. O concello plantexará o proxecto á Consellería de Política Social, para o que xa conta con dous posibles emprazamentos.

Non é este o único proxecto do executivo en materia social. O alcalde trasladará tamén á Conselleira a necesidade de contar cunha terceira escola infantil ante o incremento das familias en lista de agarda tanto na Galiña Azul como na do Saltiño. Propoñen a compra ou alugueiro da antiga gardería do Sagrado Corazón, en Escarabote, que apenas precisaría dun pequeno investimento para a súa posta en marcha.

Dende o concello están á espera de manter unha xuntanza coa Conselleira de Política Social para trasladarlle estes dous proxectos e solicitar a implicación da Xunta no seu desenvolvemento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí