Educación dá luz verde á reforma dos CEIP Magaláns e Cruceiro

    colexios_sanxenxo_100_070809.jpgSANXENXO> O proxecto, que levaba bloquedo cinco anos, suporá un desembolso económico próximo ós 3 millóns de euros.

    {flowplayer}images/salnes/colexios_sanxenxo.flv{/flowplayer}

    A Consellería de Educación levará a cabo a construción de dous centros educativos en Sanxenxo. César Augusto Pérez, xefe territorial da Consellería, comprometeuse a desbloquear o convenio para a realización destas obras, que xa estaba asinado dende facía 5 anos. Estas obras suporían un desembolso de 3 millóns de euros, e trataríase do CEIP Magaláns, en Dorrón e o CEIP Cruceiro, de Vilalonga. A pesares de que nun primeiro momento se plantexase compartir os gastos entre o concello e a consellería, finalmente, intentarase que sexan asumidos, na súa integridade, por esta última.

    Doutra banda, Augusto Pérez, fixo fincapé no convenio de colaboración entre estas dúas institucións, para levar a cabo as reformas necesarias nos distintos centros. Nesta ocasión, aportarase arredor duns 230.000 euros. O xefe territorial da Consellería de Educación, resaltou o importante esforzo que supón este desembolso nestes intres onde, a maiores da precariedade económica do momento, as previsións para este período xa levan pechadas dende os primeiro trimestre deste ano.

    A alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, mostrou o seu agradecemento ante a pronta resposta pola reclamación feita dende o concello, dada a situación dos seis centros educativos que existen no concello. González explicou a necesidade de realizar o antes posible as reformas de mantemento nestes colexios, para deste xeito, tamén poder mellorar a calidade educativa.

    Redacción Salnés