Hoxe preséntase o ensaio de filosofía Camiñantes, un itinerario filosófico

    agis_100.jpgSANXENXO> Camiñantes, un itinerario filosófico é o título do libro que se vai a presentar esta tarde ás 20.00. Este ensaio de filosofía é o último…

    {flowplayer}images/salnes/100809_marcelino_agis.flv{/flowplayer}

    … traballo do filósofo, docente e escritor Marcelino Agís, arestora afincado en Sanxenxo. Nesta publicación da Editorial Galaxia, Agís narra unha andaina nun camiño metafórico no que se fala da nosa actitude vial ó longo dos anos desde unha perspectiva filosófica.

    O obxectivo desta obra é achegar á filosofía ós que gustan de ler en galego, especialmente neste ano no que o protagonista das letras galegas foi un vello coñecido deste autor, tamén filósofo de profesión. Este ensaio fala de temas actuais como a globalización, a violencia e a soidade para aqueles xa adentrados na filosofía.

    A primeira presentación en sociedade desta obra terá lugar esta tarde, ás 20.00, na sede náutica de Caixa Galicia, na primeira planta do Real Club Náutico de Sanxenxo, e nela estará presente o propio autor, acompañado de Víctor Freixanes, escritor e director da Editorial Galaxia, Xabier Martínez do Patronato Fundación Isla Couto, e o libreiro local, Xaime Corral.

    Redacción Salnés