O PPdeG confía en Tomás Fole para conquistar a alcaldía

    TOMAS_FOLE.jpgVILAGARCÍA> Centos de militantes, os presidentes do PP en Galicia e Pontevedra, conselleiros e deputados arroupan ó candidato na súa presentación oficial.

    {flowplayer}images/salnes/CANDIDATURA_TOMAS_FOLE.flv{/flowplayer}

    ‘En menos de 180 días Vilagarcía poderá pasar páxina’, ‘estamos a un paso da alcaldía’ ou o ciclo do PSOE ‘está pechado’ na capital da Arousa. Estas foron só algunhas das proclamas que se puideron escoitar este sábado no auditorio de Vilagarcía durante a presentación oficial de Tomás Fole como candidato a suceder a Dolores García.

    Nas butacas, arredor de medio milleiro de militantes quixeron arroupar ó alcaldable, xunto a unha nutrida representación do Partido Popular de Galicia, empezando polo seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, e seguindo polo líder da formación en Pontevedra, varios conselleiros e deputados nacionais e autonómicos. A chegada dunha nova era popular a Vilagarcía e a oportunidade de frear o programa de despilfarro e malgasto do Goberno central foron os puntos centrais dos discursos.

    O vindeiro 22 de maio, os populares presentaranse ás municipais coa intención de pór fin a 19 anos de goberno socialista en Vilagarcía. Para logralo, apelan á unidade, unha chamada que moitos interpretan como a invitación implícita a IVIL para que se sume ó seu proxecto político.

    Redacción Salnés