As Torres vence por equipos nos autonómicos de pista

piraguismo250_100809.jpgPONTEVEDRA> Esta fin de semana disputáronse Campionatos Galegos de piraguismo de pista, celebrados no embalse do Pontillón do Castro, en Verducido. As Torres de Catoira levouse a victoria final por equipos por diante do Kayak Tudense e o Club Náutico Firrete.

Máis de mil padexeiros déronse cita esta fin de semana no embalse pontevedrés de Verducido para disputar os Campionatos Galegos de pista para senior, junior e cadetes. Como era de agardar os resultados dos participantes do Salnés foron máis que satisfactorios.

No C-2 Senior, David Mascato e Ángel Cristian Rivademar, do Breogán de O Grove acadaron a victoria nunha proba na que foron terceiros Diego Romaro e Alberto Conde de As Torres. Rivademar repetíu título xunto a Sami Grigore nos 500 metros.

No C-4 Senior, Ismael Pesado, Miguel Salgado, Diego Romero y Adrián Pose, do Club As Torres-Romería Vikinga de Catoira, leváronse o título. Por detrás chegaron David Mascato, Ángel Cristian Rivademar, Sami Grigore e Alejo Filgueira, do Club Breogán do Grove, que foron os gañadores nos 500 metros.

No K-2 Xuvenil os representantes do Náutico O Muiño quedáronse as portas do título. Gabriel Campo y Andoni Larrauri, foron segundos e Paulino Otero e Alfonso Oreiro terceiros, nunha proba dominada por Millán e Carrera. Todos eles puidéronse resarcir no K-4  Xuvenil. Campo, Otero, Larrauri e Oreiro, leváronse a victoria nos 1000 e nos 500 metros.

Olalla Feijóo, Aloia López, Sandra Acuña e Belén Pose, de As Torres de Catoira, proclamáronse campionas galegas de K-4  Xuvenil. Os seus compañeiros de club Brais Martínez y Rubén Gómez, venceron en C-2 Cadete.

Ademais Lara Díaz e Tania Álvarez foron as dominadoras en cadete. As do Breogán venceron no K-2 en ambas distancias, e no K-4 xunto a María Amelia Rojo e Natalia García.

Nas finais de 200 metros, Joao Ribeiro y Alberto Rodríguez, do Club Cofradía Pescadores Portonovo, venceron en K-2 Senior; Ismael Pesado e Gustavo Ribeiro, das Torres, fixérono no C-2.

Redacción Salnés