O Concello comprou os terreos para a área recreativa de Vilariño

    vilarino100.jpgCAMBADOS> O Concello fíxose xa cos terreos necesarios para dotar dunha ampla área recreativa á parroquia de Vilariño.

    {flowplayer}images/salnes/area_recreativa_vilarino.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS> O Concello de Cambados fíxose xa cos terreos necesarios para dotar dunha ampla área recreativa á parroquia de Vilariño.

    En total, o goberno local comprou un espazo de 4.800 metros cadrados, tras chegar a acordo con oito propietarios. Neste lugar, situado en Quintáns, pretenden construír unha praza e un parque infantil, cun presuposto de 187 mil euros.

    A Área Recreativa contará con espazos verdes, onde se plantarán árbores de especies autóctonas e zonas axardinadas con mesas e bancos de madeira. O parque infantil dotarase de xogos con sistemas anti impacto e tamén se instalará unha pista polideportiva para fútbol sala, baloncesto, balonmán e patinaxe. Na área inda quedará espazo para verbenas e diversas actuacións. O proxecto inclúe incluso a restauración dun antigo muíño e a recuperación dun regato.

    A área recreativa estará situada nun lugar moi céntrico da parroquia, xa que os terreos mercados están moi preto da igrexa, do centro socio cultural, do campo da festa e do núcleo máis poboado de Vilariño. Segundo indica o Concello, o espazo comprouse cos fondos obtidos da venda dunha parte do solar de A Merced.

    Redacción Salnés